Fondo cabecera Concello de O Páramo

Saúdo do Alcalde

rWImg_Alcalde_2019

Estimad@s veciñ@s:

 

É un gran orgullo dirixirme a todas e a todos os Parameses como novo Alcalde do Páramo a través da nosa páxina web, unha xanela aberta a todos os cidadáns que queiran achegarse á nosa páxina para obter ou intercambiar información co organismo municipal.

Empezamos unha nova era política na que o máis importante son as persoas, por iso estaremos á beira da cidadanía do noso pobo en calquera dos quefaceres cotiáns que se derivan da representación política.

A transparencia pasará a ser fundamental na transmisión da información cara aos nosos veciños, por iso queremos que a presente páxina web sexa a partir de hoxe un mecanismo para achegar todos os habitantes do municipio a cada unha das xestións que o equipo de goberno levemos a cabo.

Así mesmo, poñemos ao voso alcance toda a información e as noticias relevantes para dalas a coñecer de forma veraz e efectiva: cultura, educación, servizos sociais, xuventude, terceira idade, deportes, festas, anuncios e un longo etcétera.

Poñemos en marcha un Concello do século XXI, apostando por unha estrutura moderna da corporación municipal, para que, desde calquera recuncho do mundo podamos seguir de preto o que se vive neses momentos no Páramo, esperando que a información e servizos incluídos sexán do seu agrado e lles sirva de axuda.

Aproveitamos a ocasión para saudarvos cordialmente e para animarvos a participar activamente no novo Concello.

 

 

José Luis López López

Alcalde de O Páramo

Información sobre el documento

Escudo del	Concello de O Páramo
Concello de O Páramo
Páramo s/n – 27363 O Páramo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 539 156 / 982 539 128 | Fax: 982 539 156
E-mail: concello.oparamo@eidolocal.es