O termo municipal do Páramo ten unha superficie de 74,5 Km.2 é inferior a media dos concellos de Galicia que é do 93,97 e máis aínda os da súa provincia, Lugo que é de 150,93 Km.2.
O concello do Páramo, tiña no Madoz 3429 habitantes, e seguindo a súa evolución poboación segundo censos é a seguinte:
ANOS | POBOACION |
1842 | 2881 |
1860 | 2828 |
1877 | 3576 |
1900 | 3743 |
1910 | 3767 |
1920 | 3710 |
1930 | 3689 |
1940 | 3901 |
1950 | 3724 |
1960 | 3074 |
1970 | 2546 |
1981 | 2422 |
1986 | 2238 |
1998 | 1934 |
2002 | 1964 |
2007 | 1739 |
A porcentaxe da poboación do 1986 en relación coa do 1900 e dun 59,8% polo que perde un total do 40,2% en 86 anos. E do 1998 con respecto o 1986 e dun 14% menos en uns doce anos, pero observamos que do 1998 o 2002 se incrementa en 30 persoas polo tanto aumenta un 2%.
O asentamento da poboación:
Poboación en Núcleo | Poboación en diseminao |
0 | 1739 |
0% | 100% |
Polo tanto vemos que a poboación que conforma o concello do Páramo está toda ela en disemínao.
O concello do Páramo está composto por aproximadamente 550 fogares que fan un total de 1964 habitantes.