Fondo cabecera Concello de O Páramo

Xeografía

1: Relieve

Diferéncianse claramente dúas unidades de relieve:

- A parte norte do municipio que unha zoa de pouca altitude, con un relieve monótono e cuio pico máis alto é o Pico Grande con 443 metros.

- Na parte sur apreciánse as primeiras elevacións da Serra do Páramo (881 m), que forma parte do sistema de bloques graníticos que separan a cuenca de Sarria da depresión de Monforte). A serra do Páramo estendese do suroeste o nordeste e nela encontranse as primeiras elevacións do municipio, o Monte do Páramo con 876 metros, o Monte Maior con 792 metros e o Monte Novo con 604 metros.

A actual chaira de Lugo, como o conxunto do NO da península Ibérica, aséntase sobre terreos moi antigos precámbricos nuns poucos casos formados o longo da era primaria a maioria. Experimentaron unha dilatada evolución xeolóxica dende aquela, na que foi fundamental a oroxenía herciana primeiro e a oroxenía alpina máis recentemente.

Os materiais que predominan non substrato de rochas son fundamentalmente diversos, tipos de lousa ou xisto entre os cales afloran algúns macizos graníticos e bandas máis estreitas de diversas rochas (cuarcita, pedra de granito, incluso nalgúns lugares rocha calcárea)

Son materiais todos eles de orixe xeolóxica moi antiga. No fondo dalgunhas de presións tectónicas (A terra Cha oriental, Sarria, Monforte, etc.) Son abundantes os materiais sedimentarios (distintos tipos de area,de arxila, etc.) de orixe terciaria; e nalgúns lugares e especialmente en determinados sectores de fondo val, abundan os depósitos aluviais bastante recentes (cuaternarios).

Pero os máis frecuentes son os macizos graníticos ligados dende a orixe a oroxenía herciana. Destacan dentro do manto de Mondoñedo os dous situados inmediatamente o leste e o oeste da cidade de Lugo:

- Primeiro, macizo granítico Lugo-Castroverde
- Segundo,ó outro lado do Miño, coñecido como o macizo de Ombreiro.
- Terceiro, o de Sarria- Pobra de San Xiao, situado na zona do Páramo e na parte occidental no concello de Sarria.

O leste do Miño, nos concellos do Páramo, de Paradela e no estremo occidental de Sarria encóntranse auténticos macizos montañosos como a denominada Serra do Páramo, entre este concello e o de Sarria (a culminación o monte do Páramo de 876m.)

As rochas máis antigas deste concello son metapelitas precámbricas e cámbricas nas cales hai magmas granodiorítas e graníticas, durante a oroxénesis heránica formando plutóns que hoxe en día se ven na maioría da superficie do término municipal de O Páramo.

No estremo suroeste encontrase unha serie de rochas precámbricas e cámbricas ( pizarras, cuarzitas e dolomías ) mentres que os montes da serra do Páramo destacan por ser granodioritas e granitos.

2. Rede Fluvial

Os numerosos cursos de auga que cruzan o interior de Lugo labraron vales máis ou menos ampros : cando nacen nos montes exteriores, as cabeceiras dos tramos iniciais adoitan encaixar profundamente neles; en calquera caso, contribuen a degradar os distintos niveis das superficies de aplanamento nas que trazan vales de vertentes suaves, en xeral pouco profundos, e divagan sen ocasionar apenas polo fondo das depresión terciarias.

O Páramo encóntrase organizado entorno o río Miño, límite natural do Municipio cos veciños concellos de Portomarín e Guntín. O seu afluente o río Neira, marca o límite septentrional, e é o segundo curso fluvial máis importante destas terras. Destacan dous ríos neste concello o Miño e o Neira, os demáis son de pouca importancia o Sarria que o baña nunha corta extensión polo Norte.

3.- Clima

O clima de Páramo presenta as características propias do interior lucense, do cal acabamos de falar, pertenece á variedade oceánica con tendencia á continentalización, con invernos frescos e veráns suaves, cunha temperatura media anual de 12º, con mínimas en Xaneiro de 6º a 7º e máximas en Agosto de 18º y 19º. Cunha amplitude térmica anual de casi 13ºC.
As precipitacións son abundantes con algo más de 1000 mm anuais, sendo Decembro e Xaneiro os meses más húmedos, mentras que Xullo e Agosto son os máis secos do ano.

Información sobre el documento

Escudo del	Concello de O Páramo
Concello de O Páramo
Páramo s/n – 27363 O Páramo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 539 156 / 982 539 128 | Fax: 982 539 156
E-mail: concello.oparamo@eidolocal.es