A Asociación Cultural Eme de Meira constitúese en novembro de 2007 pola escasa incidencia cultural coa que contaba o noso concello, como unha asociación sen ánimo de lucro que pretende garantir a toda a comunidade a igualdade de oportunidades no acceso á cultura, facilitando o exercicio dos dereitos fundamentais das persoas para unha boa convivencia democrática.
A Asociación quere darse a coñecer como unha organización cultural, lúdica e informativa na que teñan cabida todo tipo de persoas sen distinción de idade, sexo, raza, relixión ou calquera outro tipo de condicionantes.
A participación aberta é un dos piares da Asociación, podendo os socios aportar ideas e levalas a cabo entre todos. A realización de actividades neste primeiro ano de vida fixo que na actualidade teñamos 65 socios.
OBXECTIVOS
- Estimular o consumo cultural fóra do fogar.
- Promover o lecer comunitario e a identidade colectiva.
- Dinamizar os recursos endóxenos e o patrimonio cultural a toda a comunidade.
- Potenciar a participación cidadá efectiva.
- Satisfacer as necesidades de lecer activo, creativo e autónomo dos cidadáns.
- Dotar á comunidade de espazos de ocio alternativos a través de propostas novidosas.
- Buscar espazos de encontro para as persoas para intercambiar impresións e colaborar conxuntamente.
- Utilizar o medio ambiente como ferramenta para o axeitado desenvolvemento da persoa.
- Adquisición de normas e hábitos sociais e o desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e grupais por parte dos destinatarios.
- Promoción e uso da lingua galega.
DATOS DA ASOCIACIÓN
- Asociación Cultural EME de Meira NIF G27369818
- Nº de rexistro: 2007-11013-1
- Sede Social: Praza do Concello nº 4 Baixo 27240 Meira (Lugo)
- Administración Tel. 628007526 Fax. 982330551
- Correo electrónico: info@mdemeira.org
- Páxina web: www.Mdemeira.org
ACTIVIDADES REALIZADAS
Decembro 07:
Curtas no Nadal.
Proxección de curtametraxes, sesión infantil e aberta.
Xaneiro / Febreiro 08:
Concurso ¿Búscase Logo¿.
Marzo 08:
Concerto de Darbukka, grupo galaico-asturiano que nos presentou o seu último traballo discográfico.
Gañador Logo.
Maio 08:
Libros para a comunidade, aportación á biblioteca municipal co gallo do Día das Letras Galegas.
Xuño / Xullo 08:
"M de Meira" na Rede.
Presenza da Asociación en Internet.
Xullo / Agosto 08:
Campamento Urbano.
15 dias de diversión para os peques e alivio para os pais.
Agosto 08:
Tarde de Cine Meirego.
Proxeccións de Andrés Goteira e Eloy Enciso.
Setembro 08:
¿Expresións Espontáneas 1.0¿ espazo multicultural.
Juán Vila, Fina Eiros, Os Minhotos e No Alboiro
Novembro 08:
Magosto Popular.
Bailes e Música con María Castaña.
Novembro / Decembro 08:
Sábados para os nenos.
Programa de catro sesións de contacontos e actividades lúdicas para os máis pequenos.
Decembro 08:
Concerto de música clásica, Stranikki (sen confirmar).