A asociación "Mulleres Rurais de Meira" foi constituída no ano 1994 e na actualidade conta cun total de 65 socias.
Ó longo do ano realízanse diversas actividades entre as que se atopan:
- Cursos de manualidades e restauración de mobles.
- Cursos de tapicería.
- Cursos de pintura.
- Cursos de macramé, pastword, costura...
- Cursos de cociña, conservas...
- Curso de baile de salón.
- Curso de informática.
Tamén se reúnen cada 15 días, na semana que coincide feira, para pasar o tempo e intercambiar experiencias.
Así mesmo, cada ano polo Nadal xogan á lotería.
Para poder facerse socia deben dirixirse á directiva da asociación e pagar unha cota anual de tan só 12 € e así poder participar en cantos cursos e actividades da asociación se desexe.