Fondo cabecera Concello de O Páramo
Inicio » Turismo » Historia

Gaitafilmes

Gaitafilmes

Dende as costas da serra de Meira onde o río Miño nace e nos vixía, Gaitafilmes comeza a dar os seus primeiros pasos alá polo ano 2005, unha primeira proba audiovisual que se realiza case sen saber por onde se ía e aínda menos como se facía. Sen formación algunha esta pequena aventura, chamada ¿REM¿, tan só nos serve para avivar a ilusión por esta nova afición que nos ocupa.

Ano tras ano continuamos a crear pequenas historias experimentais co principal propósito de aprender (a costa de enganarse) e disfrutar de novas experiencias, dábamos pasos pequenos pero firmes, dos que fan camiño. Podemos dicir que cada unha das curtas que fixemos foi un pequeno cursiño de formación das diferentes técnicas que se xuntan nunha historia audiovisual: ¿REM¿ (2005) foi a base, a toma de contacto; ¿Memoram¿ (2006) a montaxe; ¿Simón¿ (2007) o guión, o deslombarse nas localizacións; ¿Que lle pasa a Pepe Pistola!!¿ (2008) o plano; ¿O Paquete¿ (2009) a preprodución, os decorados e vestiarios; "Son do Silencio" (2010) a fotografía; e ¿A Porta¿ (2010) a axilidade e o trato cos profesionais...

Case sen sabelo parece que todo esto levou un certo sentido e un certo orde, semellaba que sempre tiñamos un leit motiv para cada novo proxecto, mentres o que non deixaba (e non deixa) de medrar é a ilusión por facer algo novo, ilusión por pasar noites sen durmir, por buscar localizacións, por cargar e descargar a furgoneta... unha sensación diferente, que nos gusta e sobre todo, e máis importante, que nos divirte.

Durante estes anos sempre procuramos centrarnos na creación de curtametraxes pero houbo tempo, e se non fíxose, para adentrarse no mundo documental, nos videos musicais e noutras actividades paralelas como a organización, xunto a M de Meira, do pequeno festival de cine meirego ¿M de Cine¿, que se realiza ano tras ano o 16 de Agosto na Vila de Meira.

Para finalizar, non queremos rematar esta nosa historia sen dar as gracias e pagar as débedas. Durante estes anos pasaron por Gaitafilmes moitos amigos que nos prestaron axuda de forma desinteresada, e o que temos claro é que sen eles non seriamos capaces de levar adiante nada disto, daba o mesmo que fose unha idea ou ese interés constante, un traxe ou unha bicicleta, un coche, un bar, unha casa¿ ata unha pequena crítica ou o meirande dos parabéns. Todos eles, todos vós, sodes Gaitafilmes, os nosos produtores emocionais.

Enlaces adicionais

Información sobre el documento

Escudo del	Concello de O Páramo
Concello de O Páramo
Páramo s/n – 27363 O Páramo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 539 156 / 982 539 128 | Fax: 982 539 156
E-mail: concello.oparamo@eidolocal.es