Emblema de la Cooperación cos concellos

Inicio » Feria do Queixo e Pan de Ousá

Feria do Queixo e Pan de Ousá

SAÚDA DO ALCALDE

Cada vez que se achega o mes de marzo, o Concello de Friol prepárase para acoller o seu evento máis multitudinario: A FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ, que este ano cumpre xa a súa 19ª edición.

Tamén como desde a primeira edición, esperamos que este Feira sexa todo un éxito de vendas de Queixo e Pan de Ousá, así como do resto de productos agroalimentarios que ano a ano se van incorporando, xunto coa artesanía e outros postos propios das feiras. Esperamos tamén que unha vez máis o pobo de Friol acolla a milleiros de visitantes que aproveitando esta Feira, disfruten dunha xornada entre nós, degustando a nosa rica e variada gastronomía e visitando un concello cheo de xoias paisaxísticas e arquitectónicas, cimentos do noso patrimonio histórico e natural.

Desde o concello, en nome propio e todo o pobo de Friol, desexo a todos, residentes do noso concello e visitantes de toda Galicia, unha feliz estadía en Friol no seu día máis importante: a Feira do Queixo e Pan de Ousá. Que todos disfruten desta Feira e da posterior romería na tarde-noite desta xornada.

Antonio Muiña Pena
Alcalde de Friol

Información sobre el documento

Escudo del	Cooperación cos concellos
Concello de Friol
Praza de España N°4 – 27220 Friol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 375 001 | Fax: 982 375 206
E-mail: administracion@concellodefriol.es